miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Marzo recibiu case o dobre de peregrinos que o mesmo mes do último Xacobeo

Un grupo de peregrinos chegando a Melide. ELISEO TRIGO
Un grupo de peregrinos chegando a Melide. ELISEO TRIGO

Durante o pasado mes recolleron as súas credenciais en Santiago de Compostela 11.056 persoas

Durante o mes de marzo recolleron as súas credenciais de peregrinos en Santiago de Compostela 11.056 persoas, case o dobre que o mesmo mes do último Xacobeo (2010), cando chegaron 5.882 peregrinos, e máis do dobre que o mesmo mes de 2017, ano récord, con 5.176, segundo datos difundidos pola Oficina do Peregrino.

Este ano, a celebración de Semana Santa no mes de marzo tivo un impacto nas cifras finais do mes.

Dos máis de 11.000 peregrinos que chegaron a Compostela durante o mes de marzo, a gran maioría fíxoo a pé (96,78%), mentres que un 3% fíxoo en bicicleta.

Ademais, dacabalo chegaron 21 persoas (0,19%) e en cadeira de rodas peregrinaron 3 persoas (0,03%).

A motivación relixiosa (40,7 %) ou relixioso-cultural (49,8 %) predominan entre os motivos para facer a ruta que, na súa gran maioría (92,3 %) percorreron persoas de ata 60 anos.

Os españois foron os máis numerosos en marzo, con 6.215 peregrinos (56,21%); a maioría de Madrid con 1.834 (29,51%), Andalucía con 984 (15,83%), Galicia con 595 (9,57%) e Cataluña con 587 (9,44%).

Entre os estranxeiros, que supuxeron 4.841 peregrinos (43,79%); os máis numerosos foron os portugueses, con 979 (20,22%), seguidos dos alemáns, con 944 (19,50%), dos estadounidenses, con 405 (8,37%) e irlandeses, con 322 (6,65%).

Os camiños que seguiron a maioría dos peregrinos son o Francés, con 6.418 persoas (58,05%), o Portugués, con 2.649 (23,96%) e o Inglés, con 442 (4,00%).

Marzo recibiu case o dobre de peregrinos que o mesmo mes do último...
Comentarios