domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Médicos galegos manifestan o seu descontento pola desconvocatoria de folga

Médicos vigueses descontentos con la desconvocatoria de huelga. EP
Médicos vigueses descontentos con la desconvocatoria de huelga. EP

O colectivo Precarias desmárcase do acordo ao considerar "totalmente insuficiente" a oferta de Sanidade

A desconvocatoria da folga de Atención Primaria prevista desde este martes ata o xoves non sentou ben a todos os colectivos médicos.

Por exemplo, Precarias pola Atención Primarias desmarcouse dese acordo adoptado por seis sindicatos (UXT, CIG, CSIF, CESM, Comisións Obreiras e O'Mega). E este martes, en centros de saúde de toda a comunidade, varios facultativos expresaron o seu descontento con protestas nas que mostraron carteis coa palabra "vendéronnos". 

"Pensamos que a oferta feita pola Consellería de Sanidade de constituír o Consello Técnico de Atención Primaria é totalmente insuficiente e non dá resposta ás reivindicacións da protesta", explica Precarias nun comunicado.

Ademais, consideran "un erro apagar o descontento e a mobilización por unha promesa vaga de diálogo". Por eles, aseguran que están estudando "accións" para continuar coas súas reivindicacións.Médicos dun centro de saúde de Vigo, descontentos coa a desconvocatoria da folga. EP

[Médicos descontentos coa desconvocatoria de folga en Atención Primaria. EP]

O comité de folga de Atención Primaria, no que están representados a Coordinadora e seis centrais sindicais –UXT, CIG, CSIF, CESM, CC.OO. e O'Mega–, acordou este luns desconvocar a folga dos días 9, 10 e 11 de abril ao "aceptar" o Servizo Galego de Saúde "todo" o reivindicado para frear a mobilización, segundo manifestaron.

Médicos galegos manifestan o seu descontento pola desconvocatoria...
Comentarios