Medio Rural permite de novo queimas de restos agrícolas a partir do mércores

 A partir do luns poderanse solicitar novos permisos

Imagen de una quema de rastrojos. EP
photo_camera Imaxe dunha queima de restrollos. EFE

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde o luns, 8 de abril, tramitar permisos para facer queimas, de acordo coa normativa de aplicación, xa que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o mércores día 10 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas. 

Deste xeito, a partir das 00.00 horas —do domingo ao luns— poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.  Ademais, en días laborais, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. 

Todos aqueles que desexen queimar restos agrícolas que se acumularon nas zonas que determina dita lei, nos períodos habilitados, deberán comunicalo dous días antes.  No caso das queimas de restos forestais, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, a autorización e as comunicacións deixarán de ter validez nos días nos que hai vento e altas temperaturas. 

Comentarios