domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Os menores de 21 anos xa poden viaxar gratis no autobús interurbano coa tarxeta 'Xente Nova'

Unha muller nun autobús. EP
Unha muller nun autobús. EP
Poderán realizar gratuitamente un total de 60 viaxes mensuais no transporte público regular por estrada

A partir deste mércores, día de Ano Novo, o autobús interurbano é gratuíto para todos os menores de 21 anos que conten coa tarxeta 'Xente Nova' nas áreas de transporte metropolitano, o que até agora se limitaba até os 18 anos incluídos. A este efecto, o Goberno galego destina unha partida de máis de 2,6 millóns de euros en 2020.

 En concreto, os usuarios da tarxeta poderán realizar gratuitamente un total de 60 viaxes mensuais no transporte público regular por estrada.

A Xunta lembra que esta gratuidade superará este ano o actual ámbito das Áreas de Transporte Metropolitano e resultará de aplicación en calquera viaxe interurbana en calquera concello da comunidade. Esta extensión, que será progresiva, buscará alcanzar unha poboación obxectivo de máis de 372.000 persoas, fronte ás máis de 55.000 que na actualidade utilizan este cartón. 

Os menores de 21 anos xa poden viaxar gratis no autobús interurbano...
Comentarios