Un mergullador falece tras pasarlle unha embarcación por enriba en Portonovo

Unha segunda persoa resultou ferida levemente polo arpón. Os feitos ocorreron en Punta Cabicastro

Efectivos sanitarios en Punta Cabicastro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Efectivos sanitarios en Punta Cabicastro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Un mergullador perdeu a vida e outro resultou ferido de carácter leve en senllos accidentes rexistrados este luns en Punta Cabicastro, Sanxenxo.

Ambos practicaban pesca submarina cando a vítima mortal foi alcanzada por unha embarcación e o outro mergullador feriuse levemente cun arpón.

O 112 Galicia recibiu os dous avisos ao mesmo tempo, ao fío das seis desta tarde, a través de varias persoas que navegaban pola zona e dos equipos de Salvamento Marítimo. Enseguida, avisouse aos profesionais sanitarios, xa que a persoa que fora alcanzada pola embarcación atopábase en parada cardiorrespiratoria sobre unhas rocas en Punta Cabicastro, na parroquia de Portonovo.

Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo dunha UVI Móbil, mentres que unha asistencial dirixíase a atender ao mergullador que na mesma zona cravouse un arpón. Con todo, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do primeiro, que no momento do accidente realizaba pesca submarina xunto cun compañeiro.

Pola súa banda, o mergullador ferido levemente co arpón saíu da auga polos seus propios medios e incluso rexeitou ser evacuado en ambulacia dirixirse el mesmo ao momento de Atención Continuada da localidade. 

Convén indicar que este operativo contou en todo momento coa participación do Grupo Supramunicipal de Urxencias, así como dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.