viernes. 13.12.2019 |
El tiempo
viernes. 13.12.2019
El tiempo

A Mesa recibiu 303 queixas a través do seu servizo 'A liña do galego'

Rolda de prensa de A Mesa. CABALAR
Rolda de prensa de A Mesa. CABALAR
A maioría corresponden ás administracións públicas

A Mesa pola Normalización Ligüística denunciou este martes que a maioría de queixas que recibe a través do seu servizo A liña do galego, sobre as restricións á hora de usar esta lingua, son cara ás administracións públicas.

Este é un dos principais datos que se extraen do balance anual desta ferramenta, un servizo que realiza A Mesa, en colaboración coa Deputación da Coruña, para recibir denuncias e consultas de persoas galego falantes para defender os seus dereitos.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, fixo un balance sobre o uso do servizo e os resultados referentes ao ano pasado nunha rolda de prensa na Deputación da Coruña, acompañado pola membro da Mesa Celia Armas e pola deputada delegada na área de Normalización Lingüística, María Muíño.

A administración que acumula máis queixas é a autonómica, seguida da estatal e dos concellos, asegurou Maceira, pero fixo referencia en concreto á Seguridade Social, que "non ten case nada en galego" e practicamente a totalidade dos seus trámites fanse en español.

A Mesa tivo en 2018 un total de 303 queixas, 29 consultas e 58 felicitacións a través de chamadas telefónicas, correos electrónicos e mensaxes á aplicación móbil. As consultas corresponden ás dúbidas que a poboación ten sobre algún aspecto relacionado con como facer algún trámite en galego, como o cambio dun apelido á súa versión na lingua de Galicia, co que A Mesa lle facilita a información para tramitalo, exemplificou Maceira.

As felicitacións fanse sobre todo a pequenos negocios que fan esforzos por ter a etiquetaxe en galego ou restaurantes que, a pesar dos problemas que isto lles poida carrexar, teñen a súa carta no devandito idioma.

O presidente da Mesa puxo en valor "o incremento do uso da súa ferramenta", sobre todo desde que se puxo en marcha a aplicación móbil en 2016, e agradeceu a axuda da Deputación da Coruña, á vez que animou a outras institucións provinciais a sumarse á mesma.

Maceira tamén detallou que enviaron unha copia destas queixas á Valedora do Pobo e á Secretaría Xeral de Política lingüística, aínda que considerou que "isto é algo que debería facer de oficio a administración autonómica". 

A Mesa recibiu 303 queixas a través do seu servizo 'A liña do galego'
Comentarios