Lunes. 20.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 20.05.2019
El tiempo

A ministra de Sanidade pide "tranquilidade" desde Ourense ante o caso dos implantes

La ministra de Sanidad, Luisa Carcedo, en Ourense.BRAIS LORENZO (Efe)
La ministra de Sanidad, Luisa Carcedo, en Ourense.BRAIS LORENZO (Efe)

Carcedo explica que os casos son incidentes illados e que se estuda a implantación de novos controis

A ministra de Sanidade, Luisa Carcedo, lanzou este mércores unha mensaxe de "tranquilidade" aos usuarios do sistema público nacional de saúde tras apuntar que os problemas detectados nos implantes sanitarios son "excepcionais" e que se está traballando en reforzar os controis existentes no conxunto europeo.

É o que indicou antes de presidir o acto de apertura do XX Congreso Estatal de Voluntariado, que acolle a cidade de Ourense, un evento que contou ademais coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e de diferentes autoridades, entre elas, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o rexedor municipal, Jesús Vázquez.

A preguntas formuladas polos xornalistas, a titular de Sanidade pediu confianza no sistema público sanitario tras recordar que en España se pon máis dun millón de implantes cirúrxicos ao ano", os cales, segundo recalcou, contribuíron a mellorar a calidade de vida dos pacientes.

"Os incidentes son excepcións"

Tras asegurar que os incidentes aparecidos son "excepcionais", subliñou que o Goberno está a actuar "con rapidez e dilixencia, establecendo procedementos a seguir no caso de que apareza algún incidente", ademais de recordar que "no noso país" existen todo tipo de controis.

"En España temos, ademais dos controis da Unión Europea, controis complementarios por determinados tipos de implante e países de procedencia", abundou Carcedo, quen recordou que se está traballando cos centros que dispensan este tipo de dispositivos a fin de mellorar os mecanismos.

Analízase a posibilidade de introducir novos controis

A ministra de Sanidade asegurou que todos os países xa están a analizar "se é necesario introducir algún control máis" co obxectivo fundamental de garantir "a seguridade dos pacientes" para pedir novamente "tranquilidade".

Segundo recordou, estes mesmos dispositivos "evitaron moitas mortes e evitan, noutras ocasións, intervencións invasivas e cirúrxicas complexas" que poden xerar complicacións e recuperacións máis lentas.

Por este motivo, a pesar da "alarma" xerada, insistiu en que os controis non se xeraron "agora" senón que se están controlando con anterioridade", mediante sistemas de control que permiten "actuar ante calquera incidencia".

Esta afirmación prodúcese despois de que unha investigación coordinada polo Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ), alertase de fallos nos implantes médicos e que en España ascenden a 25.000 incidentes na última década.

A ministra de Sanidade pide "tranquilidade" desde Ourense ante o...
Comentarios