domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

O 'miniverán' durará ata o sábado

Buen tiempo. CABALAR (EFE)
Buen tiempo. CABALAR (EFE)
A fin de semana traerá choivas de orixe tropical

Apenas dous días durará o tempo seco e asollado en Galicia. Este xoves e este venres, concretamente. Así que aproveiten, porque o sábado irromperá unha fronte que traerá choivas copiosas, case tropicais, froito dunha conexión húmida desde o Caribe.

Pero antes diso, este xoves Galicia quedará baixo a influencia das altas presións, o que se traducirá nunha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con néboas no interior e nubes baixas no litoral da Coruña nas primeiras horas.

As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso, segundo Meteogalicia, e os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

O venres o anticiclón empezará a afastarse. Os ceos estarán despexados no interior e no litoral atlántico haberá intervalos de nubes baixas. Pola noite aumentará a nebulosidade e podería chover debilmente na fachada atlántica.

Xa o sábado chegará a choiva, que entrará polo Atlántico e irá afectado progresivamente ao resto de Galicia, ata deixar precipitacións xeneralizas pola noite.

O 'miniverán' durará ata o sábado
Comentarios