Monta a lea nun bus, ensina os seus xenitais e agride a un axente en Vigo

Policía Local de Vigo. DP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 42 anos que, acompañado doutros tres homes estaban a montar balbordo nun autobús, con berros e cánticos, e non levaban posta a máscara.

O motivo polo que F.J.B.M. foi arrestado foi que ao deter o condutor o autobús, este comezou a lanzar insultos e mostrou os seus xenitais aos presentes, e porque cando chegou a Policía agrediu a un dos axentes.

F.J.B.M. mostrou en todo momento "unha resistencia activa" e intentou lanzar puñadas e patadas aos policías que procederon ao seu arresto.

Os feitos producíronse sobre as 23.10 horas deste martes na avenida de Galicia, á altura do numero 18.

Comentarios