domingo. 15.09.2019 |
El tiempo
domingo. 15.09.2019
El tiempo

Morre arroiado o condutor dun tractor en Pol

Tractor accidentado en Pol.EP
Tractor accidentado en Pol.EP

A vítima apeouse do vehículo logo de sufrir un golpe no seu remolque

O condutor dun tractor faleceu ao ser arroiado por unha furgoneta na tarde deste martes, despois de que esta chocase por alcance co seu vehículo e que a vítima se apease para comprobar os danos na carga do seu vehículo.

Barállase a hipótese de que o condutor da furgoneta non divisase ao home ao verse cegado polo sol.

O suceso tivo lugar no quilómetro 4 da estrada LU-760, no termo municipal de Pol. A vítima é J.R.B.T., de 66 anos, veciño de Mondriz, parroquia de Castro de Rei

Morre arroiado o condutor dun tractor en Pol