domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Morre Beatriz Rodríguez Fraga, responsable da Área Institucional do Consello de Contas

Beatriz Rodríguez Fraga. EP
Beatriz Rodríguez Fraga. EP
Formaba parte deste organismo desde o mes de marzo de 2016

A membro do Consello de Contas de Galicia responsable da Área Institucional, Beatriz Rodríguez Fraga, faleceu este martes, segundo transcendeu este mércores. Rodríguez Fraga formaba parte deste organismo desde o mes de marzo de 2016.

Nacida en Ferrol no 1963, era licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria de carreira do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde xaneiro de 1993.

Ao longo da súa vida, desempeñou diversos cargos na administración como o de vicesecretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; foi subdirectora de Recursos Humanos e Coordinación administrativa na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos; así como letrada asesora na Xunta de Galicia, na Universidade da Coruña e no Consello Consultivo, e xefa do departamento de axudas da Axencia Galega de Innovación.

Tras coñecerse a noticia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo mostrar "todo o seu afecto á familia e amigos" da falecida, á cal sinalou como "unha muller cunha ampla traxectoria na Administración autonómica".

Segundo subliñou Feijóo na súa conta oficial da rede social Twitter, Beatriz Rodríguez Fraga "deixa a súa pisada polo seu bo traballo ao servizo da sociedade galega".

Tamén o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou en nome dos socialistas galegos o falecemento da membro do Consello de Contas "unha muller comprometida co servizo público", polo que tamén trasladou o seu pésame á familia e amigos a través dun tuit na conta do partido.

Morre Beatriz Rodríguez Fraga, responsable da Área Institucional do...
Comentarios