Morre sen entrar en prisión El Culebra, líder da maior rede de branqueo desarticulada en Vigo

Sufría problemas de saúde ► En 2015 foi condenado xunto a boa parte da súa familia e a catro empresarios

El Culebra, en un juicio. SALVADOR SAS
photo_camera El Culebra, en un juicio. SALVADOR SAS

Juan Carlos González Martín, líder da maior rede de branqueo de diñeiro desarticulada en Vigo, faleceu o pasado venres sen ingresar en prisión.

Segundo informa Atlántico Diario, González Martín, máis coñecido como El Culebra, foi condenado a seis anos de cárcere en 2015 pero nunca chegou a entrar no cárcere polos seus problemas de saúde, o que lle levou a someterse a diversos exames forenses nos últimos anos.

A súa familia si que estaba en prisión e non puido asistir ao enterro. El Culebra, que estaba a piques de cumprir 80 anos, foi condenado xunto á súa muller, aos seus tres fillos, a dúas sobriñas, unha das súas exparellas e a catro empresarios a penas que sumaban 50 anos de prisión por un delito de branqueo de capitais, ademais de multas por valor de case 160 millóns de euros.

A Audiencia Provincial de Pontevedra considerou probado que El Culebra obtivo ganancias procedentes do tráfico ilícito de estupefacientes e que, para branquear ese capital, creou diferentes sociedades, coa axuda da súa familia e dalgúns empresarios, ocultando a orixe do diñeiro e dándolle aparencia de licitude.