jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Morre un home ao quedar atrapado polo tractor que manexaba en Castro Caldelas 

O vehículo caeu por un desnivel

Un home perdeu a vida na tarde deste luns en Castro Caldelas (Ourense), despois de que o tractor que manexaba caese por un desnivel e envorcase. Para liberalo, foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia, posto que o home acabou atrapado entre o vehículo e unha parede. 

Os feitos sucederon no lugar de Casanova, ao fío das 15,00 horas. Nese momento, unha persona particular contactou co 112 Galicia para informar o accidente. 

Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata unha zona próxima ao sinistro un helicóptero medicalizado. Ademais, o persoal de emerxencias requiriu a actuación no operativo dos Bombeiros de Monforte de Lemos, do GES de Castro Caldelas, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha vez que os servizos de emerxencia liberaron ao home, os efectivos médicos nada puideron facer por salvarlle a vida. 

Por outra parte, Un home resultou ferido o pasado domingo ao envorcar o tractor que manexaba na parroquia de Tuimil, no municipio lugués de Bóveda. O ccidente produciuse ás 12.00 horas na estrada que une as localidades de Xullán e Guntín. 

O home, que nun primeiro momento non lograba saír de debaixo do tractor polos seus propios medios, foi atendido pola dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Este suceso prodúcese un día despois da morte dun home en Sanxenxo ao ser esmagado polo tractor que manexaba nunha leira da súa propiedade. 

Morre un home ao quedar atrapado polo tractor que manexaba en...
Comentarios