martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

Morre un home ao ser atropelado mentres camiñaba pola N-532 en Verín

Ambulancia do 061. ARQUIVO
Ambulancia do 061. ARQUIVO
O home, de 65 anos, cruzou a vía sen pezas reflectoras
Un home de 65 anos faleceu na noite do domingo ao ser atropelado por un turismo cando camiñaba pola N-532, ao seu paso polo municipio ourensán de Verín

Segundo informou este luns a Garda Civil, o suceso tivo lugar no punto quilométrico 10,20 ás 23,41 horas cando o home, que camiñaba sen pezas reflectoras, cruzou a citada vía. 

En concreto, trátase dun home de nacionalidade portuguesa, con identidade G.A.A, residente en Rebordeda, municipio de Vinhais (Portugal).

ACCIDENTE NA CORUÑA. Por outra banda, unha persoa tivo que ser excarcerada tras sufrir unha saída de vía e quedar atrapada no interior do seu vehículo nas inmediacións da Facultade de Arquitectura, na Coruña. 

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 21,30 horas, cando o vehículo caeu por un desnivel e provocou que o seu ocupante queda atrapado. 

Ante iso, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Policía Local e avisouse tamén aos voluntarios de Protección Civil. 

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de urxencia empregaron o material de excarceración para liberar á persoa que, finalmente, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
 

Morre un home ao ser atropelado mentres camiñaba pola N-532 en Verín
Comentarios