Morre no hospital un motorista que chocou cun turismo en Mondariz

O sinistro rexistrouse na tarde do sábado 
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

O condutor dunha motocicleta que chocou este sábado cun turismo no municipio de Mondariz, un home de 38 anos, faleceu no hospital ao que foi trasladado tras o sinistro. Non levaba casco no momento do accidente, atendendo aos datos divulgados pola Garda Civil.

O instituto armado tivo este domingo coñecemento do falecemento do condutor da motocicleta. A colisión ocorreu sobre as 18.00 horas do sábado nunha pista en Sabaxans-Mondariz.

Como consecuencia do choque o condutor do turismo resultou ferido leve. Outro ocupante da motocicleta sufriu feridas graves.