jueves. 29.10.2020 |
El tiempo
jueves. 29.10.2020
El tiempo

Morre un motorista de 27 anos en Dumbría tras chocar contra un coche

Imaxe do suceso en Dumbría. DXT
Imaxe do suceso en Dumbría. DXT
O suceso tivo lugar na estrada AC-422. O pai do finado circulaba detrás do seu fillo noutra motocicleta

Un motorista de 27 anos faleceu este domingo en Dumbría despois de chocar contra un turismo. O accidente tivo lugar na estrada AC-422 ao seu paso pola localidade da Farrapada en torno ás 14.00 horas. O pai do finado, que circulaba noutra motocicleta detrás do seu fillo, foi testigo directo do suceso.

Os servizos de emerxencia mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Santiago debido á gravidade das lesións, pero desafortunadamente, os profesionais de Urxencias unicamente puideron certificar o falecemento do motorista. 

No turismo que colisionou contra a moto viaxaban tres persoas, todas elas feridas de carácter leve.

Os Bombeiros de Cee, así como axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento acudiron tamén ao lugar dos feitos para garantir as condicións de seguridade na vía e prestar apoio ao equipo médico.

Morre un motorista de 27 anos en Dumbría tras chocar contra un coche
Comentarios