lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Morre un mozo de 22 anos tras saírse da estrada a súa moto no Rosal

A moto accidentada no Rosal. TVG
A moto accidentada no Rosal. TVG

Un mozo de 22 anos que conducía unha moto faleceu na tarde deste xoves nun accidente de tráfico rexistrado no Rosal, no quilómetro 52,400 da estrada PO-552. O mozo era o único ocupante do vehículo e levaba casco, atendendo á información facilitada pola Garda Civil.

Os primeiros indicios apuntan a que a moto se saíu da vía pola marxe esquerda e chocou cun noiro. O sinistro ocorreu sobre as seis da tarde e levou a mobilizar persoal sanitario, ao GES da Guarda e a Protección Civil, ademais do instituto armado.

Morre un mozo de 22 anos tras saírse da estrada a súa moto no Rosal