jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Morre un mozo motorista tras chocar contra un poste en Bergondo

A vítima ten 28 anos e é veciño de San Cidre

Un mozo motorista faleceu nun accidente de tráfico rexistrado este martes no termo municipal de Bergondo despois de saírse da vía e chocar a súa moto contra un poste. 

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar sobre as 15.00 horas deste martes na rúa San Isidro da localidade de Bergondo. 

Fontes municipais concretaron que o motorista falecido neste accidente é un mozo de San Cidre, identificado como J.A.D.D., duns 28 anos de idade. 

Ata o lugar dos feitos desprazáronse unha ambulancia medicalizada, efectivos da Guardia Civil, de Policía Local e de Protección Civil. Ademais, foron mobilizados os Bombeiros de Betanzos. 

Morre un mozo motorista tras chocar contra un poste en Bergondo
Comentarios