martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Morre unha muller de 49 anos nun atropelo en Carballo

A pesar de que se lle practicaron manobras de reanimación, resultou finalmente falecida

Unha muller de 49 anos faleceu na mañá deste xoves ao ser atropelada na estrada AC-552, que une Carballo coa Coruña, ao seu paso pola parroquia carballesa de Bértoa. Segundo a información do Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 9.30 horas. Até a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. 

Así mesmo, tal e como confirmaron fontes do 061, acudiu unha ambulancia asistencial con persoal sanitario do Centro de Saúde de Carballo, e o helicóptero medicalizado con base en Santiago.  A pesar de que se lle practicaron manobras de reanimación, a muller, de iniciais M.A.L.V. e 49 anos, resultou finalmente falecida. 

Morre unha muller de 49 anos nun atropelo en Carballo