viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Morre unha muller tras envorcar o seu coche en Culleredo

Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
O accidente rexistrouse na N-550, á altura da rotonda de desvío para o Aeroporto de Alvedro

Unha muller perdeu a vida no mediodía deste domingo despois de que envorcase o coche que conducía mentres circulaba pola N-550, á altura da rotonda de desvío para o Aeroporto de Alvedro, en Culleredo. 

Segundo informa o 112, foi un particular quen contactou coa central de urxencias para alertar do accidente sobre as 13.00 horas e indicou que a condutora quedouse atrapada e necesita axuda para abandonar o vehículo. 

Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias-061 e dos bombeiros de Arteixo. 

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento trataron de usar o material de excarceración para liberar a vítima, pero nada se puido facer por salvarlle a vida. 

Neste operativo colaboraron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais do servizo de mantemento da vía. 

Morre unha muller tras envorcar o seu coche en Culleredo
Comentarios