viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Morre un operario atrapado debaixo dunha carretilla en Carral

Os feitos sucederon no lugar de Lameira, na parroquia de San Martiño de Tabeaio

Un operario faleceu na tarde deste mércores logo de quedar debaixo dunha carretilla no termo municipal de Carral. 

Así o informaron a Europa Press fontes do 112, que relataron que o servizo de urxencias tivo coñecemento deste accidente sobre as 17.00 horas deste mércores. 

Os feitos sucederon no lugar de Lameira, na parroquia de San Martiño de Tabeaio, no municipio de Carral. Foron os servizos sanitarios os que indicaron que se necesitaban medios de excarceración porque quedara debaixo dunha carretilla. 

Por iso, por parte do 112 informouse os voluntarios de Protección Civil de Carral, así como á Garda Civil e aos Bombeiros de Arteixo, mentres que o 061 xa estaba alertado. 

O persoal sanitario no punto non puido facer nada por salvar a vida do operario e confirmou o seu falecemento. 

Morre un operario atrapado debaixo dunha carretilla en Carral
Comentarios