sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Morre o ourensán Camilo Lorenzo, bispo emérito de Astorga

Camilo Lorenzo Iglesias. EP
Camilo Lorenzo Iglesias. EP
O prelado falece aos 79 anos logo de agravarse o seu estado de saúde nos últimos días

O bispo emérito da Diocese de Astorga, Camilo Lorenzo, de 79 anos faleceu este luns tras agravarse o seu estado de saúde nos últimos días.

O ourensán Camilo Lorenzo, bispo emérito de Astorga. INTERNET (2)A capela ardente quedará instalada no Seminario de Astorga e estará aberta desde o martes 14 de xullo ás 10.30 coas condicións de aforamento establecidas.

O funeral e posterior enterro, que se desenvolverá na Capela da Maxestade da catedral, terá lugar o mércores ás 12.00 e o acceso ao templo será libre ata completar aforamento.

Camilo Lorenzo Iglesias naceu na Canda, no municipio ourensán de Piñor, e foi no Seminario Maior ourensán onde comezou os seus estudos eclesiásticos, ata que foi ordenado sacerdote en 1966, cando comezou a estudar a carreira de Químicas, da que se licenciou na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

No mesmo ano que terminou que a carreira, en 1972, comezou a traballar como profesor no Seminario Menor de Ourense ata o ano 1995, e tamén en 1972, como sacerdote, foi Vicario parroquial da Parroquia da nosa Señora de Fátima de Ourense ata 1983 que foi o Reitor do Seminario Menor de Ourense. En 1992 pasou a ser o Reitor no Seminario Maior da cidade, e tamén foi membro do Colexio de Consultores da diocese de Ourense.

En xuño de 1995 o Papa nomeouno bispo de Astorga, en León, e foi en novembro de 2015 cando se aceptou a súa renuncia por motivos de idade.

Morre o ourensán Camilo Lorenzo, bispo emérito de Astorga