Morren catro persoas con covid en Galicia, dúas delas usuarias de residencias

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 685 personas con coronavirus
Residencia de Outeiro de Rei. SEBAS SENANDE
photo_camera Residencia de Outeiro de Rei. SEBAS SENANDE

As vítimas da pandemia do coronavirus subiron a 685 en Galicia despois de que nas últimas horas falecesen catro persoas diagnosticadas de covid, das cales dúas eran usuarias de residencias de maiores. Todas contaban con patoloxías previas. 

En concreto, segundo informan fontes sanitarias, tres destas mortes se rexistraron no Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo. Correspóndense cunha muller de 82 anos procedente da residencia DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei; un home de 77 anos usuario do xeriátrico do Incio; e unha muller de 87 que non tiña vinculación con ningún centro. 

Ademais, Sanidade notificou a morte dunha muller de 95 anos que permanecía ingresada con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). 

Comentarios