lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

Morren dous usuarios da residencia do Incio infectados por coronavirus

Pasillos do Hula. VICTORIA RODRÍGUEZ
Pasillos do Hula. VICTORIA RODRÍGUEZ
As vítimas mortais, de 93 e 77 anos, tiñan patoloxías previas

Dous usuarios da residencia do Incio de 93 e 77 anos faleceron este venres. Ambos deran positivo por coronavirus nos últimos días e tiñan patoloxías previas. 

Un dos dous homes faleceu na residencia onde se rexistra un brote con máis de 60 infectados e o outro no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), onde permanece outro usuario do mesmo centro residencial hospitalizado, confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Política Social. 

Estes falecementos elevan a 628 os mortos con coronavirus en Galicia. 

Deste xeito, dos 628 falecementos rexistrados en Galicia desde o inicio da crise sanitaria pola Covid-19, 133 rexistráronse en residencias, un máis que este xoves, e 143 en hospitais e residencias integradas, un máis que a xornada pasada. 

GALICIA. No conxunto da comunidade o número de infectados tamén se disparou ata os 1.995 tras aumentar noutros 212. 

Morren dous usuarios da residencia do Incio infectados por coronavirus
Comentarios