O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou que se investiga, de acordo cos "primeiros indicios", a morte de Manuel Alonso Rivas, o home de 81 anos que desapareceu en Nadal e cuxo cadáver foi atopado cuberto por plásticos en Vigo, como "unha cuestión de violencia".
En calquera caso, Losada recoñeceu que, polo menos de momento, non ten "máis datos" sobre a investigación policial, dado que se atopa aínda nunha "fase inicial".
En canto ao traballo policial, precisou que "cando se fai unha investigación, investígase todo", polo que preferiu pronunciarse con cautela" á espera de que se confirmen novos indicios por parte dos encargados das pescudas.
"Estamos nunha fase inicial, porque fai corenta e oito horas que apareceu o cadáver", precisou.