jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

A morte de catro mulleres e un home eleva a 18 as vítimas mortais en Galicia

Hospital Juan Cardona. GSV
Hospital Juan Cardona. GSV

O número de falecidos con coronavirus volve crecer en Galicia e eleva a 18 as vítimas mortais da comunidade. As últimas son unha muller de 77 anos que estaba ingresada no Hospital Juan Cardona de Ferrol, outra de 92 hospitalizada tamén en Ferrol, unha muller de 84 anos tratada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), un home de 72 no hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra e outra muller de 90 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Segundo confirmaron as autoridades sanitarias, presentaban patoloxías previas e foron diagnosticadas de infección por coronavirus.

Estes falecementos súmanse á morte este sábado de unha muller de 68 anos e de tres homes de 93, 74 e 81 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). Todos eles tiñan patoloxías previas.

O venres morreron outras catro persoas infectadas ingresadas en centros hospitalarios da comunidade, entre eles un home de 89 anos que estaba no Hospital de Monforte. Foi primeiro falecido na provincia de Lugo.

O Servizo Galego de Saúde ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

A morte de catro mulleres e un home eleva a 18 as vítimas mortais...
Comentarios