Un movemento sísmico con epicentro en Maside e de magnitude 3,0 déixase sentir polos veciños da vila sen causar danos de ningún tipo.
Así o indicaron as persoas que sobre as 22:30 horas da noite pasada contactaron co 112 Galicia despois de sentir un tremor de terra de apenas tres ou catro segundos de duración e acompañado por un ruído.
Desta maneira, describiron os veciños de Maside que chamaron ao 112 Galicia o movemento de terra, que, segundo confirmou o Instituto Xeográfico Nacional mediante unha comunicación co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, tiña epicentro na mesma vila ourensá, a un quilómetro de profundidade e cunha magnitude de 3,0 graos.
Todas as persoas que contactaron co servizo telefónico de emerxencias coincidieron en sinalar que ninguén estaba ferido e tampouco se percibiran danos materiais.