Unha moza invidente denuncia que un taxista de Santiago negouse a levala co seu can guía

Radio Taxi Compostela está a investigar o sucedido. O colectivo asegura que sancionará ao traballador se se confirma a versión de Jacqueline Duarte

Jacqueline Duarte. TVG
photo_camera Jacqueline Duarte. TVG

Unha moza invidente denunciou que un taxista de Santiago non lle permitiu subir ao coche co seu can guía. 

Segundo informa Televisión de Galicia, os feitos ocorreron o pasado sábado, cando Jacqueline Duarte se dispuña a coller un taxi xunto a dúas amigas, tamén invidentes, á saída dun centro comercial.

A moza asegura que o taxista se negou a transportar ao can e tampouco lles facilitou o seu número de licenza.

"O triste é que hai moitas cidades nas que isto é o pan de cada día. Para nós o can é unha ferramenta de mobilidade. Son os nosos ollos", afirma Jacqueline Duarte.

A moza denunciou o incidente en redes sociais e ante o colectivo Radio Taxi Compostela, que está a investigar o sucedido.

O taxista denunciado nega os feitos e asegura que non atendeu ás mozas porque tiña outra clienta esperando.

Radio Taxi Compostela afirma que, de confirmarse a versión de nbsp;a&moza, o colectivo sancionará ao traballador.

Comentarios