Un mozo acaba co seu coche no río Lagares tras sufrir unha saída de vía

El conductor salió ileso del accidente
Turismo no río Lagares. TVG
photo_camera Turismo no río Lagares. GOOGLE MAPS

Un mozo saíuse esta madrugada da vía en Vigo co seu vehículo, que acabou no río Lagares, ao que se precipitou por unha zona de difícil acceso. O accidente ocorreu sobre as catro da madrugada na Avenida Citroën e o mozo saíu ileso do accidente.

Un particular escoitou os berros de auxilio e, enseguida, chamou ao 112 Galicia para informar da situación. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Vigo, ademais da dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez no lugar do sinistro, os bombeiros comprobaron que, a pesar da situación na que quedou o vehículo, podíase acceder ao ocupante sen a necesidade de empregar os equipos de excarceración.