jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Unha muller falece en Tomiño a causa dun incendio producido na súa vivenda

Oficina del 112. ARCHIVO
Oficina del 112. ARCHIVO
O lume iniciouse pasadas as 17.00 horas nunha casa situada en Cristelos

Unha muller faleceu e un home resultou ferido, por inhalación de fume, a causa dun incendio producido na tarde deste xoves na súa vivenda, situada no lugar de Cristelos, en Tomiño.

O 112 Galicia tivo constancia do lume ao fío das 17:45 horas, grazas á chamada de alerta dun particular que indicaba ver saír lume da casa. No seu relato indicaba que podería atoparse unha persoa dentro da vivenda.

Axiña, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo formado polo servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba unha ambulancia medicalizada ao lugar, os Bombeiros do Porriño e os membros do GES da Guarda. Do mesmo xeito, informouse a Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Compre destacar, que os Bombeiros de Vigo foron tamén informados polo 112 Galicia por se fose precisa a súa intervención.

Xa no lugar e rematadas as labores de extinción, os Bombeiros confirmaban ao 112 Galicia a existencia dunha muller dentro da vivenda, trasladada en padiola ata onde agardaban os servizos médicos desprazados. Pese aos esforzos do persoal sanitarios, só puideron confirmar o seu falecemento.

Unha muller falece en Tomiño a causa dun incendio producido na súa...