Rosario Rodríguez, a muller de José Enrique Abuín, alias El Chicle, —autor confeso da morte de Diana Quer— e a filla de ambos, visitárono na prisión da Lama, onde permanece ingresado desde hai case catro meses.
Segundo explica o programa Espejo Público, Rosario desprazouse ata o penal coa súa filla e a nai de El Chicle no coche que, segundo os investigadores, Abuín utilizou para secuestrar a Diana Quer e trasladala ata a nave de Rianxo onde apareceu o corpo. Trátase dun Alfa Romeo gris que tamén foi utilizaro por El Chicle para intentar raptar a outra moza en Boiro, feito que desencadeou na súa detención.
O vehículo foi devolto a Rosario Rodriguez fai, aproximadamente, dous meses, unha vez analizado por completo polos investigadores.