viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Unha muller non puido votar en Dozón por estar "dada de baixa por defunción" 

A afectada xunto á candidata nacionalista en Dozón, Mar Vila López. FACEBOOK
A afectada xunto á candidata nacionalista en Dozón, Mar Vila López. FACEBOOK

O BNG pediu que se corrixa o erro, debido que, á marxe de que non puidese votar este domingo, poderíalle "causar problemas" a nivel "administrativo"

O BNG de Dozón denunciou que unha muller de avanzada idade da localidade "non puido votar" este domingo, "ao figurar dada de baixa por defunción", polo que reclamaron ao concello que emende este erro "manifesto". 

Os nacionalistas aseguraron que ao "preguntar ao INEM" transmitiulles que a anciá "estaba dada de baixa por defunción". 

O BNG fixo pública esta queixa a través de Facebook, nunha gravación na que se pode ver á muller xunto á candidata nacionalista na localidade, Mar Vila López. Nun momento do vídeo tamén se achega a saudala o alcalde de Dozón, Adolfo Campos, que lamenta a situación que acaba de coñecer. 

O BNG pediu que se corrixa o erro, debido que, á marxe de que non puidese votar este domingo, poderíalle "causar problemas" a nivel "administrativo". 

Unha muller non puido votar en Dozón por estar "dada de baixa por...
Comentarios