sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

Multan con 100 euros á muller que circulou cun patinete eléctrico pola AP-9

O patinete intervido pola Gardia Civil na AP-9 á altura de Pontevedra. GARDA CIVIL
O patinete intervido pola Gardia Civil na AP-9 á altura de Pontevedra. GARDA CIVIL
A veciña de Pontevedra, de 36 anos, accedera á autoestrada pola incorporación de Lourido

A muller interceptada na mañá deste domingo día 6 por circular en patinete eléctrico pola autoestrada AP-9 á altura de Pontevedra foi sancionada con cen euros de multa. 

Así o informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, que explicaron que a muller foi sancionada por unha infracción administrativa ao circular en patinete eléctrico por unha vía na que non está permitido. 

Os feitos sucederon cando unha patrulla da Garda Civil interceptou sobre as 9.45 horas deste domingo a unha muller que circulaba pola AP-9, á altura da cidade de Pontevedra, cun patinete eléctrico. Tratouse dunha veciña da Boa Vila de 36 anos que accedera á autoestrada pola incorporación de Lourido. 

Tras iso, segundo o relato da Garda Civil, atravesou a mediana da calzada, pero dous motoristas do destacamento de Tráfico lograron interceptala despois de que cruzase a ponte da ría en sentido Pontevedra. 

Multan con 100 euros á muller que circulou cun patinete eléctrico...
Comentarios