Unha nena resulta ferida de consideración ao ser atropelada e quedar atrapada en Mos

A cativa foi liberada polos Bombeiros do Baixo Miño

Ambulancia. EP
photo_camera Ambulancia. EP

Unha nena resultou ferida de consideración despois quedar atrapada por un ferro cando foi atropelada por un autobús. O accidente produciuse no lugar de Carracido, na parroquia pontevedresa de Mos.

Poucos minutos faltaban para chegar as 14:45 horas desta tarde cando o 112 Galicia recibía a chamada de alerta do persoal sanitario, na cal comunicaba do suceso. Tras recibir o aviso, decontado, informouse aos Bombeiros do Baixo Miño, que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar á nena para liberala da moto de xoguete coa que paseaba, ao quedarlle un ferro incrustado nunha perna. Ademais, requiriuse a intervención dos axentes da Garda Civil, dos membros da Policía Local e do persoal do Servizo Municipal de Emerxencias da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios trasladaron á cativa ferida ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios