Un neno de trece anos, ferido ao ser atropelado cando circulaba en bicicleta en Rianxo

O menor  foi trasladado polos efectivos sanitarios ao punto de Atención Continuada de Rianxo

Un neno de trece anos resultou ferido na tarde deste domingo en Rianxo despois de ser atropelado mentres circulaba en bicicleta, na estrada CP-3301, ao seu paso por Rial, na parroquia de Leiro. Segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, tívose constancia do ocorrido a través da alerta das urxencias sanitarias do 061, ao redor das 14.30 horas. A continuación, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia comunicaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Boiro e á Policía Local. Finalmente, o menor foi trasladado polos efectivos sanitarios ao punto de Atención Continuada de Rianxo.

Comentarios