martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

A nova planta de compost de Sogama recibirá en Cerceda residuos de Carballo, Arteixo e A Laracha

Planta de tratamento de residuos de Sogama en Cerceda. DP
Planta de tratamento de residuos de Sogama en Cerceda. DP
Cumpre 20 anos e destinará 25 millóns ata 2022 para que haxa unha planta de compostaxe en cada provincia 

A nova planta de compost de Sogama, en Cerceda (A Coruña), recibirá en febreiro biorresiduos dos municipios de Carballo, Arteixo e A Laracha.

Así o avanzou este luns a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, con motivo da celebración do 20 aniversario do complexo de residuos de Sogama, nun acto ao que tamén asistiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana, entre outros.

Respecto diso, a conselleira destaca que esta planta será clave para cumprir este ano o obxectivo europeo de reciclar o 50 por cento dos residuos en 2020, cunha capacidade para procesar ata 15.000 toneladas anuais de municipios próximos e poder conseguir 4.000 toneladas de compost. Esta planta reforzará o programa de compostaxe doméstica activo en Galicia con máis de 330 entidades adheridas.

Medio Ambiente destinará ata 25 millóns de euros ata 2022 para a posta en marcha dunha planta de compost en cada unha das provincias. A isto súmase un investimento de 700.000 euros en axudas para desenvolver plantas deste tipo de iniciativa municipal ou privada.

CIFRAS

Sogama comezou a súa actividade en 2001 con 71 concellos adheridos, mentres que na actualidade son 295. Deste xeito, xestiona os residuos de máis de dous millóns de galegos, o 83 por cento da poboación. Supoñen 10 millóns de toneladas, unha cantidade coa que se podería encher 50 veces o estadio de fútbol de Riazor.

Segundo datos da Xunta, o índice de vertedura en Galicia situouse en 2018 nun 25 por cento, menos da metade do 54 por cento que se rexistra en España.

Deste xeito, Sogama logrará en 2020 alcanzar o 10 por cento de vertedura, 15 anos antes do que fixa Europa. "Sogama é un referente en Europa e no mundo", sostén Ángeles Vázquez. 

A nova planta de compost de Sogama recibirá en Cerceda residuos de...
Comentarios