sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

A nova vida de Dolores Vázquez en Betanzos

Dolores Vázquez. ARCHIVO
Dolores Vázquez. ARCHIVO

A muller que foi acusada inxustamente do asasinato de Rocío Wanninkhof volveu á súa terra natal tras anos de exilio en Reino Unido

Dolores Vázquez, a galega que foi acusada inxustamente polo crime de Rocío Wanninkhof, regresou ao seu Betanzos natal, onde agora vive tras varios anos de exilio autoimposto en Reino Unido. 

Na localidade coruñesa comprouse un piso con garaxe a finais de 2017, segundo informa La Otra Crónica, que asegura que non ten traballo.

Loli Vázquez, como era coñecida polos seus achegados, foi condenada polo asasinato en Mijas (Málaga) de Rocío Wanninkhof, a filla da súa exnovia. Chegou a pasar 17 meses en prisión ata que se atopou ao verdadeiro culpable: o británico Tony King.

Segundo LOC, Dolores Vázquez non quere falar aínda do caso que marcou a súa vida e a converteu na vítima dunha das maiores inxustizas xudiciais cometidas en España.

A nova vida de Dolores Vázquez en Betanzos