Nova xornada de choivas en Galicia

Durante o mércores Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste de Portugal. Con esta situación, espéranse intervalos nubrados con chuvascos, máis probables pola tarde.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos na metade sur de Galicia, moderados no resto, con intervalos fortes no litoral noroeste.

Temperaturas extremas previstas nas principais cidades:

A Coruña 13°/20°; Ferrol 12°/21°; Lugo 9°/20°; Ourense 10°/25°; Pontevedra  12°/22°; Santiago de Compostela 9°/20°; Vigo 12°/22°.