Nova xornada de protestas dos traballadores de Alcoa: cortan a N-642 en San Cibrao

Desde primeira hora da mañá retomaron as barricadas 
Alcoa amence entre protestas. CEDIDA
photo_camera Alcoa amence entre protestas. CEDIDA

Nova xornada de protestas contra a intención de Alcoa de despedir a máis 530 traballadores de Alcoa. Se o domingo a mobilización trasladouse a Ribadeo nesta xornada as imaxes dos empregados concentrados e dos pneumáticos ardendo prodúcense nas inmediacións da factoría en San Cibrao.

A protesta volveu a bloquear o acceso principal ao complexo industrial cunha barricada formada por pneumáticos aos que logo lles plantaron lume. Posteriormente, os traballadores iniciaron unha "ruta turística polo municipio de Cervo", explicou e Efe con ironía o presidente do comité, José Antonio Zan, para terminar logo a protesta co regreso a San Cibrao. Na súa marcha cortaron a estrada xeral, a N-642.

O comité calcula que na protesta participaron entre 1.500 e 2.000 persoas, todos traballadores do persoal de Alcoa e das empresas auxiliares que prestan servizo na fábrica, dado que os seus empregados tamén están afectados pola decisión da multinacional.

Corte da estrada nacional en San Cibrao. CEDIDA

José Antonio Zan asegurou que as protestas dos últimos días non foron "máis que un quecemento", porque as accións previstas polos representantes dos traballadores irán subindo en intensidade se por parte da dirección de Alcoa e das administracións non se ofrece unha solución que evite o despedimento colectivo anunciado pola multinacional.

A protesta deste martes dos traballadores de Alcoa. CEDIDO

Desde o seu punto de vista, a resposta social a esta situación está "moi á altura dunha comarca como a da Mariña". "Quen non está á altura é a clase política e, concretamente o Goberno de España, as ministras Maroto e Ribeira", lamentou.

Nova protesta dos traballadores de Alcoa. CEDIDA

Comentarios