O novo prazo de matrícula nas universidades galegas arrinca este venres

Só 60 titulacións teñen prazas dispoñibles

Estudiantes en una facultad. XESÚS PONTE
photo_camera Estudiantes en una facultad. XESÚS PONTE

As universidades galegas abrirán un novo prazo de matrícula, do 5 ao 9 de outubro, con tan só 60 titulacións abertas, despois de que preto de 200 carreiras xa cubrisen as vacantes dispoñibles. 

A Comisión Interuniverstaria de Galicia (CiUG) informou que o prazo se abre para o alumnado titulado de FP, maiores de 25 anos, estranxeiros de países non membros da UE, deportistas de alto nivel, estudantes con discapacidade preinscritos en xuño e alumnado das Abau, ademais de para alumnos titulados universitarios e os preinscritos en setembro. 

Só poderán matricularse aqueles alumnos que posúan unha cualificación igual ou superior ao do último convocado en cada titulación. As relacións de alumnos admitidos e en lista de espera está exposta no Lerd desde este martes 4 de outubro.

Os alumnos tamén poderán consultar a súa situación nas listas de admitidos e de espera vía Internet, na dirección www.ciug.gal ou no teléfono de consulta da CiUG: 881 813 452. 

Para este prazo hai preto de 200 carreiras universitarias que xa están pechadas e nas que non será posible matricularse. Mantéñense, en cambio, abertas 6 en Ourense, 3 en Pontevedra, 19 en Vigo, 9 en Santiago de Compostela, 12 en Lugo, 15 na Coruña e 8 en Ferrol. 

Comentarios