jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Os municipios galegos en nivel vermello de alerta por covid superan xa a trintena

Mapa semáforo deste domingo
Mapa semáforo deste domingo
Entran nesta situación Carballo, Vimianzo, O Porriño e O Barco

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este sábado ata os 31, dous máis que na xornada anterior ao entrar nesta situación Carballo, Vimianzo, O Porriño e O Barco e rebaixarse en Mesía e Ordes. 

Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia os concellos de Ferrol, Lalín, Ourense, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Tui, Salvaterra, Monforte, Lugo, Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo. 

Mentres, en situación dúas --na cor laranxa do mapa-- sitúanse 23, dous máis que o sábado. Do total, 17 repiten nesta lista: Neda, A Coruña, Cambre, Culleredo, Mos, Gondomar, Boborás, Malpica, Muros, Oroso, Cuntis, Soutomaior, Bóveda, Ponteareas, Nigrán, Brión e Salceda de Caselas. 

Na alerta laranxa entraron este sábado Pontedeume, Noia, Boqueixón e Monterrei, nas que se eleva o nivel de alerta; mentres que tamén ingresan neste grupo Mesía e Ordes ao mellorar a súa situación respecto ao sábado, xa que se atopaban marcados en 'vermello'. Por contra, saen do nivel laranxa e pasan a amarelo Vilaboa, Carral e Boiro. 

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes –só Vigo e A Coruña, neste caso– e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. 
 

Os municipios galegos en nivel vermello de alerta por covid superan...
Comentarios