domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

O litoral galego permanecerá en alerta laranxa durante este martes a causa das ondas do mar

Dous mercantes navegan fronte á costa da Mariña un día de temporal.  AEP
Dous mercantes navegan fronte á costa da Mariña un día de temporal. AEP
A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior recomendan afastarse da praia e de lugares baixos

Segundo informa Meteogalicia, o litoral galego permanecerá durante este martes en alerta laranxa. Os ventos costeiros e o nivel das ondas do mar son os causantes do aviso. 

A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior recomendan afastarse da praia e de lugares baixos que poidan verse afectados as mareas. 

Ademais, pide non aparcar os vehículos en zonas que poidan verse afectadas, xa que nestas condicións o mar adquire "condicións extraordinarias" e pode chegar a arrastrar, tanto obxectos como persoas, ás proximidades do mar. 

O litoral galego permanecerá en alerta laranxa durante este martes...
Comentarios