Sábado. 23.03.2019 |
El tiempo
Sábado. 23.03.2019
El tiempo

Obregón, en 'Land Rober': "O pesadelo do meu fillo terminou"

Ana Obregón, en 'Land Róber'. CRTVG
Ana Obregón, en 'Land Róber'. CRTVG

A famosa bióloga acudiu ao programa de Roberto Vilar, ao que lle confesou que coñeceu ao rei Juan Carlos nunha discoteca

"O pesadelo do meu fillo terminou". Foi no Land Rober Tunai Show onde Ana Obregón falou da saúde de Alex Lequio, tras sete meses de tratamento no Memorial Sloan Kettering Cancer Center de Nova York. A actriz e presentadora resolveu así calquera posibilidade de que Roberto Vilar lle seguise preguntado por como se atopaba o fillo que tivo con Alessandro Lequio, que agora ten 26 anos e que desde marzo de 2018 se enfrontou a unha dura enfermidade.

Unha relaxada Ana Obregón seguiu despois participando das bromas do humorista de Viveiro, ao que lle confesou que coñeceu ao rei Juan Carlos nunha discoteca hai moitos anos. Tamén falou do seu arquinimiga Antonia Dell'Atte, parella de Alessandro Lequio cando este iniciou a súa relación coa famosa bióloga. Vilar finxiu que falaba por teléfono coa italiana. "Di que te adora", espetoulle a Obregón, que contestou, con humor: "Seguro que Antonia non chama... bo, se lle pagastes é posible que si".

O Rei Emérito e @anitaobregon non saben como darvos as G R A Z A S por ese 1⃣6⃣% de audiencia 😍

Deixámosvos un dos momentazos do #LandRoberObregón. Que estilo e que elegancia neste bailoteo!! pic.twitter.com/ZEGpDH5meQ

— LandRoberTVG (@LandRoberTVG) 15 de marzo de 2019

Obregón, en 'Land Rober': "O pesadelo do meu fillo terminou"
Comentarios