Unha octoxenaria falece en Ponteareas despois de ser atropelada

O suceso produciuse ás 10.20 horas

Unha muller de 80 anos de idade faleceu este martes pola mañá en Ponteareas ao ser atropelada cando se desprazaba por unha zona de supermercados próxima ao tanatorio. O suceso produciuse ás 10.20 horas.

Segundo informou o 112 Galicia, ata o lugar do arrolamento desprazáronse unha patrulla da Garda Civil, os bombeiros de Ponteareas e un equipo do 061, que nada puido facer por salvarlle a vida á octoxenaria.