sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

A Once empregou a 2.148 persoas en Galicia en 2017 e investiu 7,5 millóns

Un vendedor de la Once en Ribadeo. AEP
Un vendedor de la Once en Ribadeo. AEP

A venda de produtos de lotería aumentou na comunidade un 4,32%, máis que o 3,9% do conxunto do Estado

A Once empregou a 2.148 persoas en Galicia en 2017 e investiu 7,5 millóns de euros na comunidade, segundo o Informe de Valor Compartido 2017 publicado este martes.

O delegado territorial da Once en Galicia, Manuel Martínez Pan, detallou en rolda de prensa que a entidade continuou o ano pasado "na senda de recuperación, na senda de crecemento", xusto antes de cumprir oitenta anos.

Ao longo do exercicio, o Grupo Social Once alcanzou os 70.625 traballadores, cun 58 % de persoas con diversidade funcional e un 43,5 % de mulleres, polo que é un dos catro operadores de España que máis emprego xera.

Entre estes empregos, 2.148 foron en Galicia, unha comunidade na que o investimento alcanzou os 7,5 millóns de euros, datos similares aos de 2016.

No capítulo de formación de persoas con diversidade funcional, houbo 37.877 beneficiarios -con 2.147 galegos- mentres que foron atendidas 72.000 persoas -3.800 en Galicia- e prestouse asistencia a 7.500 estudantes invidentes, dos que 360 foron da comunidade galega.

A Once entregou en 2017 141 cans guía, con 37 en Galicia, dos que dezaseis chegaron á provincia da Coruña, trece á de Pontevedra, cinco á de Ourense e tres á de Lugo.

A venda de produtos de lotería aumentou en Galicia un 4,32 %, máis que o 3,9 % do conxunto do Estado, con 19.552 axentes de venda -700 galegos-, entre os que se xeraron 990 novos contratos indefinidos -29 en Galicia-.

A Fundación Once achegou a 787 asociacións e organizacións –48 en Galicia–, entregou 620 bolsas –40 a estudantes galegos– e envorcouse na formación e mediación de emprego a través de Insere, cunha bolsa de traballo de 19.566 persoas en Galicia e 954 que se forman actualmente na comunidade.

A Once empregou a 2.148 persoas en Galicia en 2017 e investiu 7,5...
Comentarios