A oposición insta a Feijóo a reabrir xa o paritorio do hospital de Verín

O PP non ve "incoherente" que se formule agora modificar a súa posición se "cambian" as circunstancias e se cobren as prazas de pediatra 
 
Enterro do paritorio en Verín. EFE
photo_camera 'Enterro'; do paritorio en Verín. EFE

Os grupos da oposición con representación na Cámara galega coincidiron este luns ao emprazar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a abandonar as "escusas" e a decretar a reapertura do paritorio do hospital de Verín

Deste xeito, PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto abordaron as declaracións realizadas polo máximo mandatario autonómico o pasado xoves, cando Feijóo abriuse a reabrir reactivar o paritorio de Verín se se cobren as prazas de pediatría convocadas de novo. 

A este respecto, na súa comparecencia ante os medios, o líder do PSdeG, Gonzalo Callabero, considerou que "Feijóo está a enganar de forma continua" no que respecta a este servizo, nunha sorte de "tómbola" na cada día di "unha cousa distinta"

"Que se non hai seguridade, que non hai médicos...", censurou o líder dos socialistas galegos, para concluír que este caso "exemplifica a política de recortes que Feijóo está a aplicar no ámbito sanitario, especialmente no medio rural" e o feito de que "a súa palabra non vale nada". 

Ana Pontón, tamén instou ao máximo mandatario autonómico a "rectificar" e reabrir o paritorio

"En función dos seus intereses, di unha cousa e a contraria", reprobou Gonzalo Caballero, que considerado que "Galicia non ten un presidente da Xunta á altura da confianza que os galegos merecemos".

"VITORIA DA CIDADANÍA". Para Luca Chao (Común da Esquerda) o cambio de postura de Feijóo sobre este servizo trátase "dunha vitoria clara da cidadanía mobilizada" na comarca de Monterrei, ademais de evidenciar a "improvisación constante" que, di, caracteriza ao goberno que encabeza Alberto Núñez Feijóo. 

"Que use os argumentos que queira, saudamos calquera rectificación", sinalou nunha rolda de prensa celebrada este luns na Cámara galega, onde instou ao presidente galego a cesar ao titular de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. "Xa pasaron tres semanas sen que o fixera", apostilou.

"XA NON VALEN As ESCUSAS". Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tamén instou ao máximo mandatario autonómico a "rectificar" e reabrir o paritorio e as urxencias pediátricas do hospital de Verín. 

Luís Villares, ve "un xesto positivo" o "inicio da rectificación" pero cre que é "insuficiente e tramposo"

"Xa non valen máis escusas", asegurou a xefa de filas do BNG, que considerou que o peche dos servizos afectan a¡os dereitos das mulleres e da infancia e só responde a unha "decisión política" que esconde "intereses económicos". 

Así, considerou que "non é casual" que se peche este servizo mentres se anuncia a apertura dun paritorio privado na localidade portuguesa de Chaves. Por iso, acusou a Feijóo de non "defender" os intereses das mulleres nin da infancia e de exercer na práctica de intermediario "da sanidade privada".

"INSUFICIENTE E TRAMPOSO". Pola súa banda, o portavoz do grupo mixto, Luís Villares, ve "un xesto positivo" o "inicio da rectificación" pero cre que é "insuficiente e tramposo" porque "non se pode supeditar o peche do paritorio ao que diga o servizo de ginecología, que avogaban por pechalo". 

Por iso, reclamou a "reapertura incondicional" do servizo, á vez que asegurou que "non se cubriron" as prazas de pediatría no hospital de Verín "polo seu perfil". "Se esas prazas fosen interinididades no canto de temporais, se tivesen incentivos... teriamos unha situación diferente", aseverou.

Puy subliñou a importancia de seguir as recomendacións dos profesionais sanitarios

OS POPULARES DEFENDERÁN EMENDAS. Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, non ve falta de "coherencia" na actitude da Xunta, con Alberto Núñez Feijóo á fronte, e defendeu que se expoña agora analizar a reapertura do paritorio se se logran cubrir as dúas prazas de pediatría que quedaron desertas en xuño e volvéronse a convocar, sempre que tamén o aconsellen os especialistas. 

Antes do pleno no que se abordarán diversas iniciativas sobre o paritorio, Puy avanzou que, pola vía da emenda, o Grupo Parlamentario Popular defenderá -na liña do comprometido por Feijóo- a necesidade de garantir as prestacións sanitarias "coa maior seguridade para os usuarios" e, "sempre que se poida", coa maior proximidade. 

Puy subliñou a importancia de seguir as recomendacións dos profesionais sanitarios porque "o primeiro é a seguridade dos pacientes" e engadiu que "o ideal é que esa seguridade se garanta nun nivel de proximidade cos pacientes". 

Nesta conxuntura, reafirmouse en que non ve falta de "coherencia" por parte de Feijóo en abrirse a reactivar o paritorio se se cobren as prazas de pediatras e así o aconsellan os profesionais médicos, posto que habería un cambio de circunstancias. 

Pedro Puy: "O problema vai máis aló de que os pediatras teñan acceso a unha vivenda"

"Se cambian as circunstancias e hai máis capacidade de asistencia en pediatría, e pódese garantir a seguridade... Se as sociedades médicas ven factible a reapertura do paritorio, estamos a favor", esgrimiu, antes de insistir en que os populares, coas súas emendas, demandarán á Xunta que "amplíe a carteira de servizos" do hospital. 

En canto ao ofrecemento do Concello de Verín de casa gratis para os pediatras que acepten incorporarse ao hospital, recordou que as matronas galegas han activado unha campaña para intentar captar a estes profesionais "en todo Europa", o que, ao seu modo de ver, evidencia que hai un problema máis extenso de falta de pediatras. 

"O problema vai máis aló de que teñan acceso a unha vivenda", reflexionou, antes de concluír que, en todo caso, parécelle "moi ben" todo o que contribúa a "mellorar a asistencia sanitaria no hospital comarcal de Verín". 

Verín acollerá unha protesta o 1 de marzo por peche do seu paritorio
A plataforma Galegas 8M, que aglutina a decenas de colectivos feministas de toda Galicia, escolleu Verín para celebrar unha manifestación unitaria previa ao 8M, en concreto o domingo 1 de marzo de 2020, contra o peche do paritorio.

Segundo apuntou a plataforma, esta decisión contou co “acordo unánime” das integrantes na primeira asemblea preparatoria, que tivo lugar este domingo para organizar os actos do 8M.

En concreto, este colectivo mostrou o seu respaldo cara a esta medida logo da decisión da Xunta de Galicia de pechar este servizo no hospital comarcal de Verín.

Os seus integrantes sosteñen que este acto representa “a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos” pero tamén da “loita contra a dispersión da poboación e despoboamento do rural e contra a violencia obstétrica”, tras o peche do servizo.
Firma: Efe

Comentarios