domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Abre a inscrición nas oposicións de traballador social, psicólogo e terapeuta ocupacional

Opositores en Silleda. LUIS POLO
Opositores en Silleda. LUIS POLO
O prazo finaliza o día 9 de decembro deste ano ► En total disporase de 202 prazas

A Xunta abre este luns o prazo de inscrición nas oposicións para cubrir 202 prazas de traballadores sociais, psicólogos e terapeutas ocupacionais, tal e como recolle a resolución publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia. 

En concreto, recóllese a convocatoria de 89 prazas de traballadores sociais, a que ten un maior volume desde 2006; 63 para psicólogos —a última tamén dese ano— e 50 de terapeutas ocupacionais. 

Todas as convocatorias realízanse de forma diferenciada, por unha banda as de persoal funcionario e, por outro, as de persoa laboral. A maioría das prazas (157) son de acceso libre e poderá acceder a elas calquera persoa que cumpra os requisitos. Ademais, as prazas de promoción interna que non sexan cubertas sumaranse ás de acceso libre. 

O sistema selectivo realizarase a través do concurso-oposición e desde a publicación da convocatoria ata a realización da primeira proba haberá un prazo mínimo de seis meses para que as persoas inscritas póidanse preparar para as mesmas. 

O prazo de inscrición nestas oposicións abre este luns, día 11, e concluirá o 9 de decembro

Abre a inscrición nas oposicións de traballador social, psicólogo e...
Comentarios