As orcas volveron a protagonizar un incidente nas costas galegas ao danar novamente unha embarcación.
Nesta ocasión un grupo destes cetáceos ha embestido ao Beatiful Dreamer, un veleiro de bandeira británica con tres tripulantes a bordo que tivo que ser remolcado ao ver o seu temón danado tras ser atacado a seis millas de cabo Prior. O Salvamar Betelgeuse, de Salvamento Marítimo foi o encargado destes labores.
Velero Beautiful Dreamer con el timón dañado por acometida de orcas a 6 millas de Cabo Prior, solicita remolque. 3 tripulantes (FIN, GBR). Salvamar Betelgeuse lo remolca a A Coruña. Vigente radioaviso de que en caso de avistamiento no intenten aproximarse y den amplio resguardo pic.twitter.com/o3Z4gMAKLO
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) September 11, 2020
Este non é o primeiro suceso protagonizado por estes animais nas costas galegas. A finais de agosto rexistráronse dous ataques de similares características nas Rías Baixas cando un veleiro francés e unha nave da Armada española sufriron danos tras as arremetidas dun grupo de orcas.
Salvamento Marítimo advirte a todas as embarcacións que eviten achegase a estes cetáceos en caso de avistamento.