domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

O PP modifica o vídeo de Los Limones: cambia o logo da Xunta por un polgar

Unha captura do vídeo de Los Limones. YOUTUBE
Unha captura do vídeo de Los Limones. YOUTUBE
A xunta electoral consideraba inapropiado o uso de bandeiras ou emblemas do Goberno galego na peza musical

O PPdeG modificou o seu vídeo musical de precampaña Galicia é moito, interpretardo por Los Limones, para cumprir coa orde da xunta electoral, que entendía que nel se facía unha apropiación da imaxe da Xunta. Por iso, na peza musical cambiou o logo do Goberno galego polo dun polgar cara a arriba.

A xunta electoral ordenou "retirar ou modificar" o vídeo Galicia é moito, coa supresión das "bandeiras e os emblemas da Xunta de Galicia" que aparecía no himno musical co que presentaban a Alberto Núñez Feijóo para estas eleccións autonómicas. 

"Deberá realizarse o máis axiña posible", ordena o árbitro electoral ao recurso presentado polo BNG na resolución que comunicou este venres, e á que tivo acceso Europa Press. Iso si, aclara que non procede incoar expediente sancionador. 

Contra esta resolución cabía recurso até este sábado antes das 14.00 horas, respecto do que fontes populares aseguraron que estudaban presentalo. 

Na súa resolución a xunta electoral de Galicia subliña a "posible confusión implícita que nos electores puidese provocar a difusión do vídeo, entre a entidade política Partido Popular e a institución autonómica Xunta de Galicia". "Máxime, cando aínda non se iniciou a campaña electoral, o que fai que deban extremarse todas as cautelas", engade. 


Faio, en aras de "garantir e salvagardar" os principios reclamados na lei electoral. "Esta xunta electoral non cuestiona a difusión por un partido político de logros ou actuacións levadas a cabo polo Goberno autonómico, nin a difusión de imaxes do presidente da Xunta e candidato do PP. O que se cuestiona é a apropiación dunha institución galega, Xunta, nun vídeo de presentación do candidato do PP", recolle a resolución. 

Doutra banda, a xunta electoral desestimou varias denuncias postas polo PSdeG: unha sobre a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e publicidade dun acto no que se anuncia a apertura das convocatorias de axuda para a xestión de xurros, e outra sobre a publicación no DOG da apertura das listas de emprego temporal. 

O PP modifica o vídeo de Los Limones: cambia o logo da Xunta por un...
Comentarios