Oubiña, detido e posto en liberdade por un presunto delito de narcotráfico

Axentes da Guardia Civil de Oviedo desprazáronse expresamente ata Galicia para practicar o arresto 

Laureano Oubiña. DP
photo_camera Laureano Oubiña. DP

A Garda Civil detivo, e pouco despois deixou en liberdade,a Laureano Oubiña, a quen tomou declaración este mércores o cuartel de Cambados, informaron a Efe fontes da investigación.

Trátase dun operativo desenvolvido por axentes da Garda Civil de Oviedo, que se desprazaron expresamente ata Galicia para practicar o arresto no marco dunha investigación relacionada co narcotráfico.

A Audiencia Nacional concedeu a liberdade condicional a Laureano Oubiña en abril de 2017 pola súa idade e porque estaba próximo a cumprir as tres cuartas partes da súa última condena, de catro anos e seis meses por branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico, entre outras razóns.

En 1990 foi detido, xunto con outros capos ilustres da ría de Arousa como Manuel Charlín, no marco da operación Nécora, dirixida por Baltasar Garzón, e caeulle a súa primeira condena, seis anos de cárcere por delito fiscal, aínda que foi absolto por tráfico de drogas.

Un delito polo que foi condenado case unha década máis tarde: catro anos de prisión por organizar e dirixir un transporte de 5.741 quilos de haxix desde Galicia aos Países Baixos.

Sucede que cando a Audiencia Nacional ditou a sentenza, Oubiña fuxira, e trece meses máis tarde foi detido en Grecia. Desde entón, foi acumulando condenas por tráfico de haxix e branqueo, con períodos de liberdade intercalados.